Dioscoreales é o nome dun taxon de plantas situado na categoría taxonómica de orde, utilizado en sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG III do 2009 e o APWeb (Stevens 2001 en diante), e está circunscrito obrigadamente polo menos pola familia Dioscoreaceae. Dioscoreales é unha orde amplamente recoñecida, mais non na circunscrición dada polos sistemas de clasificación mencionados. Noutras clasificacións tendíase a situar dentro dos Dioscoreales practicamente a todas as monocotiledóneas lilioides con follas reticuladas (como Smilacaceae, Stemonaceae, ademais do mesmo Dioscoreaceae), pero as análises moleculares de ADN non avalan esa circunscrición. Como aquí circunscrito, posúe moitas rubideiras de follas reticuladas, aínda que non todas, e tamén ao micoparasítico Burmanniaceae, e ao autotrófico Nartheciaceae. En total suman 21 xéneros, con 1.037 especies (APWeb).
Descrición
Os representantes da orde conteñen saponinas esteroideas, os feixes vasculares en aneis, os vasos tamén no talo e a folla, as flores ou a inflorescencia con pelos glandulares, o estilo como moito curto, as pólas do estilo ben desenvolvidas, os tépalos persistentes no froito, o endotegmen taninífero, o embrión como moito curto.
Os tépalos de Narthecium ossifragum teñen 3 trazas foliares, os de Dioscoreaceae teñen unha soa.
Diversidade A diversidade taxonómica das monocotiledóneas está presentada en detalle por Kubitzki (1998, 2006).
A seguir a listaxe de diversidade de Dioscoreales. As descricións son deliberadamente incompletas. Para máis información siga as ligazóns. esquerda|miniatura|Follas e inflorescencia de Narthecium ossifragum.
Nartheciáceas
As nartheciáceas están distribuídas nas zonas tépedas do Hemisferio Norte. A maioría poden ser recoñecidas polas súas follas isobifaciais e equitantes, e as súas inflorescencias racimosas bracteadas con flores pequenas, máis ben indistinguidas, típicas das monocotiledóneas, que teñen tépalos en parte ceibos que persisten baixo o froito capsular.esquerda|miniatura|Follas e flores (violeta anegradas) de Tacca integrifolia. Nótense as brácteas filiformes.
Taccáceas
Esta familia, recoñecida polo APWeb, foi incluída nas dioscoreáceas en APG III (2009) e tamén en APG II (2003). Pantropicais, especialmente de Malaisia e o Pacífico, son herbas con follas de longo pecíolo e unha inflorescencia escaposa con flores de tamaño medio, violetas anngradas, con ovario ínfero, hai brácteas longas, filiformes, mesturadas entre as flores, e a placentación é parietal.esquerda|miniatura|Thismia rodwayi (Fairy lantern, "lanterna de fada").
Thismiáceas
Esta familia, recoñecida polo APWeb, foi incluída nas burmanniáceas no APG III (2009) e no APG II (2003). As thismiáceas, distribuídas en todo o mundo pero de forma illada, son herbas pequenas, sen clorofila, que poden ser recoñecidas polas súas flores distintivas. As flores son usualmente solitarias e terminais, os tépalos externos son moitas veces bastante diferentes dos internos, usualmente hai un anel arrodeando a ampla garganta, os estams son inflexos, ou polo menos forman un cono no centro da flor, e o ovario é ínfero. As flores poden parecer como xelatina, ou quizais un grupo de cogomelos. Algunhas son moi pequenas, e actualmente estanse a describir moitos novos xéneros e especies.esquerda|miniatura|Flor de Burmannia bicolor.
Burmanniáceas
As burmanniáceas en sentido estrito (excluíndo ás thismiáceas), maioritariamente tropicais especialmente suramericanas, son herbas máis ben pequenas, moitas veces sen clorofila, que poden ser recoñecidas polas súas flores de simetría radial, moitas veces máis ou menos azuis, cun ovario ínfero que moitas veces é alado. Os tépalos externos son máis longos ca os internos e só hai 3 estames, opostos aos tépalos internos.esquerda|miniatura|Tamus communis.
Dioscoreáceas
As dioscoreáceas en sentido estrito (excluíndo ás taccáceas), principalmente tropicais, son plantas máis ou menos herbáceas con flores pequenas e non moi coloridas, o ovario é ínfero e moitas veces con cristas ou ás no froito. Moitas son rubideiras recoñecidas polas súas follas espiraladas, pecioladas, con pulvino nos dous extremos do pecíolo, a base da folla non arrodea o talo. A lámina ten moitas veas fortemente lonxitudinais e veas secundarias transversas, ou venación finamente reticulada.
Taxonomía Introdución teórica en Taxonomía A orde foi recoñecida pola APG III (2009), o Linear APG III (2009) asignoulle os números de familia 44 a 46. A orde xa fora recoñecida polo APG II (2003).
A orde posúe as familias a seguir no APG III (2009), os números de familia asignados segundo o LAPG III (2009): Nartheciaceae (familia nº 44) Burmanniaceae (familia nº 45) Dioscoreaceae (familia nº 46) Outras familias ás veces recoñecidas aquí: Taccaceae incluída en Dioscoreaceae en APG II e III (familia 46) Thismiaceae incluída en Burmanniaceae en APG II e III (familia 45) Trichopodaceae, recoñecida nalgunhas clasificacións, aquí está incluída en Dioscoreaceae (familia 46) O sistema do Angiosperm Phylogeny Website posúe esta circunscrición no 2009: familia Burmanniaceae familia Dioscoreaceae (incluíndo Trichopodaceae) familia Nartheciaceae familia Taccaceae familia Thismiaceae O sistema APG II, de 2003], coloca a esta orde no clado das monocotiledóneas e usa esta circuncrición: familia Burmanniaceae (incluíndo Thismiaceae) familia Dioscoreaceae (incluíndo Taccaceae e Trichopodaceae) familia Nartheciaceae O sistema APG, de 1998, tamén a situaba no clado das monocotiledóneas con esta circunscrición: familia Burmanniaceae familia Dioscoreaceae familia Taccaceae familia Thismiaceae familia Trichopodaceae En APG II a familia Thismiaceae foi incluída na familia Burmanniaceae, e as familias Taccaceae e Trichopodaceae incluídas na familia Dioscoreaceae. Así o cambio non é tan grande como semella, as únicas plantas traídas desde fóra da orde son aquelas da familia Nartheciaceae.
O sistema Cronquist, de 1981, non recoñece a orde, pero coloca a moitas plantas na orde Liliales na subclase Liliidae na clase Liliopsida (=monocotiledóneas) da división Magnoliophyta (=anxiospermas).
O sistema Dahlgren (1985) colocaba á orde no superorde Lilianae na subclase Liliidae (=monocotiledóneas) da clase Magnoliopsida (=anxiospermas) e usaba esta circunscrición: familia Dioscoreaceae familia Petermanniaceae familia Rhipogonaceae familia Smilacaceae familia Stemonaceae familia Taccaceae familia Trichopodaceae familia Trilliaceae Sinónimos: Burmanniales Heinze, Nartheciales Reveal e Zomlefer, Taccales Dumortier, Tamales Dumortier, Dioscoreanae Reveal e Doweld, Burmanniidae Heintze
Evolución Dioscoreales foi frecuentemente considerado de monocotiledóneas primitivas (Dahlgren et al. 1985, Stevenson e Loconte 1995), unha posición non sostida polas análises cladísticas realizados sobre secuencias de ADN (Chase et al. 1995a, 1995b, 2000, Soltis et al. 2000).
O grupo troncal Dioscoreales está datado en preto de 124 millóns de anos até o presente, o grupo coroa Dioscoreales está datado en preto de 123 millóns de anos até o presente (Janssen e Bremer 2004).
Notas
Véxase tamén Bibliografía () () Stevens, P. F. (2001 en diante). Lecturas suxestionadas Ayensu, E. S. (1972). Oxford: Clarendon Press. para morfoloxía e anatomía. Bouman, F. (1995). Kew: Royal Botanic Gardens. pp. para a cuberta seminal. Oganezova, G. H.; Koizumi, E., Yokota, M., e Tsukaya, H. (2000). (en ruso) para a cuberta seminal. Caddick, L. R.; Furness, C. A., Stobart, K. L., e Rudall, P. A. (1998). para a morfoloxía e o desenvolvemento do pole. Schols, P.; Furness, C. A., Merckx, V., Wilkin, P., e Smets, E. (2005). para a morfoloxía e o desenvolvemento do pole de Nartheciaceae e Dioscoreaceae. Caddick, L. R.; Rudall, J. R., Wilkin, P., Heddersonn, T. A. J., e Chase, M. W. (2002a). para morfoloxía floral e desenvolvemento. Caddick, L. R.; Wilkin, P., Rudall, J. R., Heddersonn, T. A. J., e Chase, M. W. (2002b). para información xeral de morfoloxía e relacións na orde.