Xúlio Abonjo Escudero, nado en Pontevedra o 4 de xuño de 1974, é un actor galego.
Traxectoria Comezou actuando en 1994 con Bacharel Teatro, actuou co Centro Dramático Galego no ano 2000 e é membro da compañía Bacana Teatro. Tamén representou montaxes teatrais coas compañías BaCaNa (2002,2008), Os Contracontos (2001,2005), Espello Cóncavo (1998) e coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1997-1999).
Ten participado en diversas series que se emitiron na TVG (Galicia Express, Terra de Miranda ou A vida por diante, entre outras). En cine cabe salientar o seu traballo en películas coma O lapis do carpinteiro (2003), O ano da carracha (2004) ou A biblioteca da iguana (2006).
A partir de 2007 forma parte do elenco de Cuestión de sexo, serie emitida por Cuatro, supoñendo este o seu primeiro papel principal nunha serie de ámbito estatal.
Teatro Paco Pixiñas, historia dun desleigado (1994) Doce homes sen piedade (1994) Cemiterio de automóbiles (1995) Wonderball circus, o circo da bola marabillosa (1996) O porqué das cousas (1997) Ubú rei (1997) Peter Pan (1998) Comedia noxenta para mamá (1998) Os vellos non deben de namorarse (1999) La cabeza del dragón (1999) Caperucitoloxía (2000) A burla do galo (2000) Ratman & Bobyn, un musical de cloaca (2002) Os fillos de Eva, the show (2004) Hendaya, mon amour (2006)
Televisión Pratos combinados, 2000. TVG. Galicia exprés, 2000. TVG. Pequeno Hotel, 2001. TVG. El Comisario, 2001. Telecinco. Terra de Miranda, 2003. TVG. 4º sen ascensor, 2005. TVG. Zapping comando, 2006. TVG. Cuestión de sexo, 2007-2009. Cuatro. O Nordés, 2009. TVG. Padre Casares, 2014. TVG. Códice, 2014. Como Salgado. TVG. Hospital Real, 2015. TVG. Fariña, 2018, Antena 3. As do hóckey, 2019, TV3.
Cinema O lapis do carpinteiro, 2001 Entre bateas, 2002 O ano da carracha, 2004 Hai que botalos, 2005 Bechos raros, 2006 Chapapote... o no, 2006 A biblioteca da iguana, 2006 Xan, a despedida, 2007 A mariñeira, 2007 Mar libre, 2009. Os fenómenos, 2014
Curtametraxes A escapada, 1998 Casi perfecto, 2003 Colores, 2004 Din que chove, 2005 Viaxe a Finlandia, 2005 Sin Plomo, 2006 Xan, a despedida, 2007
Galardóns e nomeamentos Festival de Cans Ano Categoría Filme Resultado2007Premio do xurado ao mellor actorSen chumboGañador2017Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Ricardo de Barreiro)Einstein-RosenGañador
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2005Mellor actor4º sen ascensorNomeado2007Mellor actor secundarioCharly GutbaiNomeado2013Mellor actorEncalladosNomeado
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Xúlio Abonjo en AVG de Culturagalega.org
Categoría:Actores de Pontevedra Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes