Alanna Masterson, nada o 27 de xuño de 1988, é unha actriz estadounidense que é coñecida por interpretar a personaxe de Tara Chambler na serie de televisión da AMC The Walking Dead.

Traxectoria A súa carreira comezou en 2006, actuando nun episodio de Malcolm in the Middle (serie co-protagonizada polo seu irmán Christopher Masterson), interpretando a Heidi. Máis tarde, en 2010 obtivo un papel na serie First Day interpretando a Abby durante 7 episodios.

Masterson interpreta a Tara Chambler na serie de AMC The Walking Dead, debutando na cuarta tempada da serie. Masterson foi promovido como personaxe regular da serie na quinta tempada e foi engadida nos créditos principais na sétima tempada. Tivo un papel recorrente na cuarta tempada da serie da ABC Mistresses.

Vida persoal O 4 de novembro de 2015, Masterson deu a luz á súa primeira filla, Marlowe, co seu mozo Brick Stowell.

Alanna e os seus irmáns son cienciólogos, e foron introducidos nesa relixión polo seu pai.

Filmografía Cine Ano Título Papel 2011 Peach Plum Pear Dora Bell Hutchinson

Televisión Ano Título Papel Notas 1994-1995 The Young and Restless Colleen Carlton Papel principal 2001 Definitely Maybe 2006 Malcolm in the Middle Heidi 2008 Greek Alanna 2009 Terminator: The Sarah Connor Chronicles Zoe McCarthy Papel principal2009 Grey's Anatomy Hillary Boyd 2010 First Day Abby Papel principal, 7 episodios 2012 Park It Up Brenda Convidada 2013–presente The Walking Dead Tara Chambler 2014 Men at Work Mopey Hipster Girl Papel principal 2014–2016 Talking Dead Ela mesma Covidada, 4 episodios 2016 @midnight Ela mesma Convidada 2016 Mistresses Lydia Recorrente (tempada 4)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Estados Unidos de América