O mocho’ ou mototzintleco é unha lingua maia falada no leste do estado de Chiapas, México. É unha lingua da póla occidental maia. Os falantes de mocho' refírense á súa propia lingua como qatô:k, que quere dicir 'a nosa lingua'. O tuzanteco está estreitamente relacionado con ela, aínda que está considerado un dialecto.

O mocho' está considerada unha lingua moribunda, con menos de 30 falantes rexistrados,Palosaari, N. E. (2011). Topics in mocho' phonology and morphology (Doctoral dissertation). The University of Utah, Salt Lake City, UT. e non existe traspaso xeracional da lingua ás novas xeracións. A maioría dos falantes son bilingües co castelá, que está a subtituír ó mocho' no sur de México. O mocho está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kaufman, T. (1969). Preliminary mocho' vocabulary (Working Paper 5). Berkeley, CA: University of California. Campbell, L. (1988). The linguistics of southeast chiapas, mexico (Vol. 50). Provo, UT: Brigham Young University Press. Martin, L. (1998). Irrealis constructions in mocho' (mayan). Anthropological Linguistics (2), 198-213.

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes