Manuel Buhigas Novo, nado en Vilagarcía de Arousa e finado no Mesón do Vento (Ordes) en 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Ulpiano Buhigas Abad. En 1924 foi nomeado axente de seguros do Real Automóbil Club de España.Galicia Nueva, 6-4-1924, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi cabo do Somatén de Vilagarcía e Cambados.El Ideal Gallego, 22-3-1925, p. 2. Foi contratado como actor e caricato en 1927, chegando a facer unha xira por América.El Eco de Santiago, 19-2-1927, p. 2.El Pueblo Gallego, 24-2-1927, p. 11. Asentouse en Cabanas. Aprobou en 1934 os exames para mecánico maquinista da mariña civil co número un.El Pueblo Gallego, 4-2-1934, p. 9. Militante do PSOE, participou en mitins da Fonte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.La Voz de Galicia, 11-2-1936, p. 2. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Cabanas en febreiro, e elixido primeiro tenente alcalde na corporación que presidiu Álvaro Puentes Antón.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Preso no cárcere da Coruña, foi entregado a “forza armada” o 11 de agosto"Entregados a fuerzas armadas" e paseado no Mesón do Vento (Ordes), sen que chegase a atoparse o seu cadáver.Concelleiros represaliados O xuíz de instrución de Pontedeume abriulle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1943.BOE, 16-3-1942, p. 1018.
Vida persoal
Casou en Pontedeume con María Manuela Rodríguez Anca en xaneiro de 1931.El Pueblo Gallego, 29-11-1929, p. 9. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Actores de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Cabanas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Finados en 1936
Categoría:Nados en ano descoñecido