Os mentawai (tamén chamados mentawei e mentawi) son un pobo nativo das Illas Mentawai, na provincia de Sumatra Occidental, Indonesia. O seu xeito de vida é semi-nómade e cazador-colleiteiro. Habitan nas zonas costeiras e selváticas das illas. A súa poboación estímase en arredor de 64 000 persoas. A lingua mentawai pertence á familia austronesia. Este pobo caracterízase pola súa espiritualidade, a súa arte corporal e a tendencia a limar os dentes, unha práctica que eles consideran estética e embelecedora.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos de Indonesia