Eduard 'Edu' Campabadal Clarós, nado o 26 de xaneiro de 1993 en Tarragona, é un futbolista profesional español da canteira do Barcelona, que xoga como lateral esquerdo, aínda que tamén pode xogar de central, no Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Traxectoria Nado en Tarragona, Cataluña, Campabadal comezou a forxarse como futbolista nas categorías inferiores do Futbol Club Barcelona. Tras seis anos no filial do equipo barcelonés, en xullo de 2012 asina polo Wigan Athletic da Premier League. O seu debut co primeiro equipo chegaría o 19 de maio de 2013, última xornada da "Premier", onde o seu equipo empataría 2-2 ante o Aston Villa.
Tras acabar a temporada, Campabadal regresa a España e o 21 de xullo asina un contrato por dúas temporadas co Córdoba CF da Segunda División. Nun comezo foi asignado ao filial cordobés da Segunda División B, aínda que antes de final de ano, o 8 de decembro, debuta co primeiro equipo. Esta estrea sería cunha derrota no Estadio de La Romareda por 1-2 ante o Real Zaragoza. A partir desa data Campabadal xoga até 17 partidos, colaborando no ascenso do seu equipo á Primeira División. O seu debut na máxima categoría prodúcese o 12 de setembro, saíndo como titular no empate do seu equipo 1-1 contra a UD Almería no Estadio de los Juegos Mediterráneos. Con todo, sería substituído no minuto 68 por mor dunha lesión.
Trass xogar catroce partidos na Primeira División, doce deles como titular, asina polo RCD Mallorca da segunda categoría. Nos dous seguintes anos xoga até 60 partidos de liga para o equipo mallorquín, a maioría como titular, aínda que sen poder evitar o descenso do seu equipo tras o final da temporada 2016−17. O 6 de xullo de 2017 anúnciase a súa fichaxe por dúas temporadas con opción a outra polo Club Deportivo Lugo.
Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGolesWigan AthleticPremier League2012−201310Córdoba BSegunda B2013−201450CórdobaSegunda2013−2014170CórdobaPrimeira2014−2015140MallorcaSegunda2015−2016340MallorcaSegunda2016−2017260LugoSegunda2017−2018160LugoSegunda2018−2019290
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en soccerway.com Datos do xogador en soccerbase.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Wigan Athletic FC Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do CD Lugo