miniatura|Celia Castro no pregón das festas patronais de Ribadeo de 2017. Celia Castro Fernández, nada en Ribadeo o 9 de setembro de 1956, é unha historiadora galega.

Traxectoria Residente en Lugo, foi catedrática de Historia da arte na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo ata a súa xubilación.

Despois de rematar Xeografía e Historia, doutorouse o 14 de novembro de 2023 pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La influencia de la fotografía en algunos pintores del siglo XIX: El círculo de Federico Madrazo, dirixida por María del Carmen Bermejo Lorenzo.

Activista no campo cultural, é membro fundadora da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo e da Asociación de Amigos do Camiño Norte. Pertence á Sociedad Cultural Benito Prieto Coussent, que recompila e estuda as obras deste artista ribadense. Ten participado na reestruturación e montaxe do Museo Provincial de Lugo e dos de Lourenzá e Cervo.

Obras Libros Estudio Iconográfico y estilístico de los capiteles de la Catedral de Mondoñedo (Deputación de Lugo, 1993) Pintura y fotografía en en S. XIX: Una aproximación al arte de Dionisio Fierros (Hércules de Ediciones, 2018) Ramón González e Corona González Santos: Un matrimonio de filántropos (Eoditorial, 2025)

Artigos "Dos Pintores del Eo: Amando Suárez Couto y Benito Prieto Cosén". En torno al Bimilenario del Eo (Coord J.M. Gómez Tabanera). Foro Cultural del Noroeste. Oviedo 2002. "Pintura e Fotografía no S.XIX: Unha aproximación á obra de Dionisio Fierros”. Croa, Revista do Castro de Viladonga, nº 21. 2011. pp68–80. "A Vida Parisina vista por Dionisio Fierros". Croa, Revista do Castro de Viladonga 24. 2014. pp 30–37."A vida parisina vista por Dionisio Fierros" "Corona González Santos e Ramón González, un matrimonio de mecenas". Croa, Revista do Castro de Viladonga 25."Corona González Santos e Ramón González, un matrimonio de mecenas" "Pintores lucenses en la primera mitad del siglo XX". Lucensia 23. 2001. pp 301–316. "Pintores lucenses en la segunda mitad del siglo XX". Lucensia 24. pp 39–62. "A fotografía e a pintura nos retratos reais: Dionisio Fierros e a súa obra en Galicia”. Lucensia 45. 2012 . pp 339–350. "Pintores lucenses (III): nove artistas representativos". Lucensia 46. 2013. pp 131–144. "A Última Cea de Benito Prieto Coussent: personaxes tomados da realidade". Lucensia 48. 2014.pp 121–128. Pregón das festas patronais de Ribadeo 2017.A última cea de Xesús. Benito Prieto Coussent

Tamén escribiu outros artigos en diferentes publicacións, sobrepasando os cincuenta en total. A súa actividade levouna tamén a impartir conferencias e participar en numerosas mesas redondas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Historias del romanticismo. Una elección O papel da fotografía nos retratos reais. Dionisio Fierros Ribadenses de antaño

Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela