Xosé Antonio Fernández Salgado, nado en Ferreiravella (Riotorto) en 1966, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Hispánica (1989) e doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese Marcial Valladares (1821-1903). Lingua, literatura e folclore (2002). Foi bolseiro do Instituto da Lingua Galega (1987-1992), editor da Editorial Santillana - Obradoiro (1993-1998) e a partir de 1998 é profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.
Obras Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego, 2005. Cincuenta décimas contra don Diego de Zernadas, 2017.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Universidade de Vigo.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Nados en 1966