Caiman é un xénero de réptiles crocodilianos pertencentes á subfamilia Caimaninae. Todas as especies da subfamilia (que consta de tres xéneros) reciben o nome común de caimáns.BUSCatermos caimán No Brasil, onde abundan, reciben o nome de jacarés (pero en portugués tamén existe a palabra caimão)Dicionário Priberam jacaré. Viven en América Central e do Sur. Son crocodilianos de tamaño relativamente pequeno, que chegan a lonxitudes de só uns poucos metros (3 m os máis grandes) e pesos medios de 6 a 40 kg.

Características

As especies do xénero Caiman son similares aos aligátores en morfoloxía pero difiren en que teñen placas óseas chamadas osteodermos, enterrados nas capas internas da pel na parte inferior. As especies C. latirostris e C. crocodilus caracterízanse por ter unha crista ósea que cruza o nariz xusto baixo os ollos. O C. yacare é a especie máis grande do xénero, e alcanza unha lonxitude media de adultos de 2,5 a 3 m,, mentres que o C. crocodilus chega a de 2 a 2,5 m, con femias menores, e o C. latirostris é o menor do xénero, e xeralmente os machos miden de 1,8 e 2 m e as femias de 1,2 a 1,4 m.

Distribución e hábitat

Este xénero está presente en Centroamérica e Suramérica. A especie C. crocodilus viven en Centroamérica e partes da metade norte de Suramérica a altitudes de ata 800 m. Encóntrase xeralmente en auga doce, pero tamén visita augas salobres de estuarios nalgunhas ocasións. Vive en diversos hábitats incluíndo zonas húmidas e ríos e regatos de correntes lentas. A especie C. yacare aparece na parte central e meridional de Suramérica, particularmente na rexión do Pantanal, a área húmida tropical máis extensa do mundo, que queda asolagada estacionalmente polo río Paraguai. A especie C. latirostris habita na parte central e leste de Suramérica, incluíndo o sueste do Brasil, Bolivia, Paraguai, o Uruguai e norte da Arxentina, nas cuncas dos ríos Paraná, Paraguai, Uruguai e São Francisco.

Comportamento

As especies do xénero Caiman pasan a maior parte do seu tempo tomando o sol sobre os bancos de barro ou en correntes de selvas lamacentas e solleiras. Na estación seca, poden acumularse en grandes cantidades deles en pozas a medida que as áreas que os rodean van secando. Poden moverse sobre a terra con certa rapidez, bufan cando os molestan, e os individuos novos poden inflarse antes de abrir a boca agresivamente. Xeralmente non atacan os humanos pero os animais domésticos corren perigo. Atrapan as súas presas e arrástranas baixo a auga para afogalas. Poden observar unha presa potencial, irse nadando, mergullarse e volver para atacar desde debaixo da auga a un paxaro flotante ou a un mamífero que foi beber. As crías de caimáns aliméntanse de crustáceos e moluscos mentres que os animais máis grandes se alimentan de anfibios, peixes, aves, mamíferos e réptiles.

Aniñan en moreas de vexetación e barro consolidados polas femias ao deitárense sobre eles. Entón cavan un burato e enterran nel unha ducia de ovos. Cando eclosionan, as crías usan o seu "dente de ovo" para romper a casca e saír. Parecen versións en miniatura dos seus pais, pero teñen fociños relativamente curtos e ollos máis grandes.

Taxonomía Hai tres especies vivas, conforme á seguinte distribución: Xénero Caiman Caiman wannlangstoni† Caiman venezuelensis† Caiman yacare Caiman crocodilus C. c. apaporiensis C. c. fuscus Caiman lutescans† Caiman latirostris

Notas

Categoría:Aligatóridos