Gonzalo Meirás Otero, coñecido como Chalín e Gonzalo de Amarante, finado en Ferrol o 11 de novembro de 1968, foi un profesor e xornalista galego.
Traxectoria Profesor de francés na Escola de Máquinas da Armada, e profesor do Instituto de Ferrol, despois foi director do Instituto Feminino de Ferrol. Foi correspondente de La Voz de Galicia en Ferrol, colaborou en Vida Gallega e foi redactor de El Correo Gallego, do que chegou a ser redactor xefe, e La Noche. Foi correspondente de ABC en Ferrol. Foi presidente da Asociación da Prensa de Ferrol e cronista oficial de Ferrol. Finou en Ferrol o 11 de novembro de 1968.La Voz de Galicia, 12-11-1968, p. 11.ABC, 13-11-1968, p. 90.
Recoñecementos En 1952 o concello de Ferrol concedeulle a Medalla de Prata da cidade.ABC, 6-8-1952, p. 14.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1968 Categoría:Cronistas de Ferrol