Mercedes Vieito Bouza, nada na Habana o 11 de febreiro de 1887 e finada en Cuba en 1960, foi unha mestra e xornalista galega.

Traxectoria Filla de José Vieito Freire e Rosa Bouza Maseda, inmigrantes das Somozas. Exerceu de mestra e creou a súa escola "La Aurora" no barrio de Luyanó para o ensino primario. Publicou os seus primeiros artigos en 1903 na revista Galicia, na sección "Rápidas", baixo o pseudónimo de Zoraida, que mantivo até 1905. Seguiu colaborando en Galicia, Galicia en América, Heraldo de Galicia e Eco de Galicia, da que foi directora de 1934 até o seu peche en 1936. Participou na sociedade La Aurora de Somozas. Visitou Galicia en 1924.

Vida persoal Casou en 1918 con José López López, das Somozas, co que tivo 4 fillos.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Mercedes Vieito. Mestra, xornalista e amante da xustiza social" Álbum de Mulleres.

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Profesores de Galicia