Skylab 2 foi a primeira misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 25 de maio de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Características Durante o lanzamento a estación espacial Skylab perdeu un dos escudos antimeteoritos, un dos paneis solares e os restos do estrago bloquearon o desplegue do panel solar principal restante. Unha vez en órbita a estación tivo que funcionar en base ao panel solar do telescopio Apolo e soportar altas temperaturas no seu interior debido á falta do panel antimeteoritos que puxeron en risco o seu funcionamento. Como resultado, o primeiro voo tripulado cara a estación, a misión Skylab 2, pospúxose dez días para avaliar os danos, estudar como reparalos e adestrar aos tres astronautas da misión para levar a cabo as reparacións.
Skylab 2 consistiu nunha nave Apolo modificada e tripulada por Charles Conrad, Joseph Peter Kerwin e Paul Joseph Weitz e lanzada mediante un foguete Saturno IB. A misión engalou o 25 de maio de 1973 e atopouse coa estación unhas horas despois. A tripulación informou do estado da mesma tal como a veían mentres a nave Apolo se movía arredor para examinar os danos. A nave acoplouse á estación para planificar os seguintes movementos. A tripulación entrou na estación o día seguinte e fixo unha EVA para despregar un parasol no exterior e cubrir a zona na que faltaba o panel antimeteoritos, co que a temperatura no interior comezou a baixar. Os astronautas non conseguiron despregar o panel solar principal restante ata o 7 de xuño, deixando a estación en condicións adecuadas para traballar no seu interior e facer os experimentos e actividades planificados.
A misión Skylab 2 finalizou o 22 de xuño de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico. Os astronautas foron recollidos polo buque USS Ticonderoga e devoltos sans e salvos a terra.
Véxase tamén
Outros artigos Saturno IB Skylab Skylab 3 Skylab 4
Notas
Categoría:Estacións espaciais