Hulunbuir ou Hūlúnbèi'ěr (; , Hūlúnbèi'ěr) é unha rexión gobernada como unha cidade prefectura no nordeste de Mongolia Interior, na China. O seu centro administrativo atópase en Hailar, a meirande área urbana. As principais características da paisaxe son as altas estepas de Hulun Buir, os lagos Hulun e Buir (o último parcialmente en Mongolia), e o Gran Khingan. Hulun Buir limita con Rusia polo norte e o oeste, con Mongolia polo sur e oeste, coa provincia de Heilongjiang polo leste e con Hinggan polo sur. Hulunbuir é unha área lingüisticamente diversa: ademais do mandarín tamén se falan dialectos do mongol como o khorchin e o buriato, a lingua daur e algunhas linguas tungús.
Véxase tamén
Bibliografía Hulunbeier minzu wenwu kaogu yanjiu. Beijing : Kexue chubanshe, 2013-2014. viii, 538, viii, 537 p., ill., maps, biblio. 9787030393463, -4033. Bökecilagu. Kölün Boyir-un sonirqal-ud. Qayilar : Ȯbȯr Mongġol-un Soyol-un Keblel-u̇n Qoriy-a, 1988. 2, 8, 217 p. 9787805060231.
Categoría:Cidades da China