Nechtan, neto de Uerb, morto no ano 616 foi un rei dos pictos dende o ano 595 até o 616. Suxeriuse que Nechtan é a mesma persoa que Neithon que gobernou o reino de Alt Clut.Smyth, pp. 62–65 and table 2.
Segundo a Crónica picta, Nechtan reinou durante 20 ou 21 anos. Mentres que a morte do seu predecesor Gartnait é citada no 597 polos Anais de Tigernach, a morte de Nechtan non está rexistrada con certeza. Puido ter sido Nechtan, fillo de Canu, cuxa morte aparece nos Anais do Ulster no 621, malia que esta hipótese é difícil de cadrala coa idea de que era Neithon, fillo de Guipno, fillo de Dyfnwal Hen de Alt Clut.Nechtan son of Guipno per Smyth, pp. 62–65 and table 2.
Notas
Categoría:Reis dos pictos Categoría:Finados en 616