Emilio Gómez Arias, finado en Ribadavia en xullo de 1949El Pueblo Gallego, 14-7-1949, p. 1., foi un avogado e político galego.
Traxectoria Secretario do Xulgado municipal de Bande. Adegueiro, foi presidente da Sociedad de Agricultores de Ribadavia (1912-1914). Foi xefe local do Partido Liberal en Ribadavia que apoiaba ao deputado Adolfo Merelles Martel. Foi presidente da comisión organizadora da IV (1912) e V Asemblea Agraria de Galicia (1913) celebradas en Ribadavia, e logo presidente da V asemblea. Foi deputado provincial maurista en 1921. Na ditadura de Primo de Rivera volveu ser nomeado deputado provincial e foi elixido vicepresidente da Deputación de Ourense en 1929. Xefe da Junta Provincial da Unión Monárquica Nacional, era o representante de Calvo Sotelo en Ribadavia.
Vida persoal Casou con Agustina Vázquez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Finados en 1949