Luís García-Reboredo Isla, coñecido como Luís G. Reboredo Isla, finado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1932, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de José García Reboredo. Consignatario das Compañías Lloyd Norte Alemán de Bremen e Lloyd Real Holandés de Ámsterdam en Vilagarcía de Arousa. Patrocinou a revista Vida Céltica. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Ao ano seguinte da súa morte creouse a Fundación Reboredo para a construción dun centro de ensinanza para nenos. Finou en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1932.El Compostelano, 21-6-1932, p. 1.

Vida persoal

Foi pai de José, Alejandro, Eduardo e Ramón García-Reboredo.Galicia, 23-6-1932, p. 3. Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en ano descoñecido