José Vicente López Chacón, nado en Palma Soriano (Cuba) o 14 de maio de 1882, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do tenente coronel José López Fernández e Luisa Chacón Romero. Retornado a Galicia, fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. Licenciado en Dereito, en maio de 1920 aprobou os exames de procurador.La Voz de Galicia, 28-5-1920, p. Exerceu como procurador na Coruña. Masón, pertenceu á loxa Lealtad, da que foi venerable mestre en 1929. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Estivo presente na reunión constitutiva da Federación Republicana Gallega celebrada en Pontevedra o 15 de marzo de 1931 en representación do Comité municipal da Alianza Republicana da Coruña.El Pueblo Gallego, 17-3-1931, p. 9. Presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña encadrado no Partido Republicano Radical. Volveu ser candidato nas eleccións de novembro de 1933. En 1935 encadrouse en Unión Republicana.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Gandia, onde residiu durante a guerra civil. Volveu a Coruña, foi encausado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo e en xaneiro de 1943 foi detido e ingresou na prisión provincial acusado de non presentar o escrito de retractación masónica correspondente. Foi trasladado ao cárcere de Porlier (Madrid) en febreiro de 1944. Xulgado o 26 de outubro de 1943 na causa 231/43, foi condenado a 12 anos. Cumpriu condena no cárcere de Yeserías e despois na prisión provincial de Madrid, en Carabanchel Alto, de onde saíu en liberdade condicional en decembro de 1945.

Vida persoal

Casou con Josefa Vázquez Méndez en novembro de 1905,La Voz de Galicia, 5-11-1905, p. 2. e foi pai de dúas fillas. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vicente López Chacón, preso por non retractarse

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Masóns de Galicia

Categoría:Políticos de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Cuba

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes