A VG-1.6 ou Vía de Alta Capacidade Mosqueiros-Santa Lucía (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Mosqueiros (Teo) e Santa Lucía (Santiago de Compostela); atravesa os concellos de Teo e Santiago de Compostela. Ten unha lonxitude de 0,78 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AP-53 en Mosqueiros (Teo) e finaliza nun cruzamento coa N-525 en Santa Lucía (Santiago de Compostela).
Percorrido
Inicia na rotonda dos accesos á autoestrada de peaxe Central de Galicia, AP-53, á estrada AC-537 e á autovía AG-59 no lugar da Barcia (parroquia de Cacheiras do concello de Teo) e termina na rotonda da estrada nacional N-525 con outro acceso ao camiño de lugar do Eixo de Abaixo, no lugar do Valado (parroquia do Eixo do concello de Santiago de Compostela). Na metade do percorrido atópase o viaduto duns 95 metros sen pasar por baixo o río e esta limitada a velocidade máxima a 80 km/h co sinal de advertencia de perigo por vento transversal.
Historia
As primeiras obras iniciaron en maio de 2005, e é un dos ramais da autovía AG-59 inaugurado en novembro de 2008. Permitindo este ramal para a conexión coa estrada nacional N-525 pola alternativa da autoestrada de peaxe, AP-53.
Treitos
Denominación Treito Kms Ano servizo A Barcia - O Valado 0,8 2008
Notas
Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Teo Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes