A rúa do Orzán é unha rúa da Coruña que atravesa a zona homónima do barrio da Pescaría.Estudos previos
Tamén reciben o nome Orzán as rúas Travesía do Orzán e Pasadizo do Orzán.
Historia A rúa xa aparece con ese nome nun plano de 1819. A partir do século XIX situáronse varias fábricas na zona.
Ao final da rúa existía unha explanada na que había un lavadoiro, e que en 1929 se bautizou como rúa do Comandante Fontanes.
Dende 2008 celébrase un mercado para rehabilitar a zonaEl Orzán da sus primeros pasos como Soho coruñés e en 2010 pechouse ao tráfico unha parte da vía.El Orzán ya es peatonal
Datos de interese miniatura|Placa no lugar de nacemento de Salvador de Madariaga. No número 16 unha placa lembra o lugar de nacemento de Salvador de Madariaga.Comienza en La Coruña la conmemoración de los 100 años del nacimiento de Salvador de Madariaga
No número 57 sitúase o Círculo de Artesáns, que ten entrada principal pola rúa de Santo André.
Arquitectura Na rúa do Orzán consérvanse algúns edificios destacados: Nº 21, antigas escolas municipais, de Pedro Mariño (1916) Nº 53, de Juan de Ciórraga (1921) Casa de Santiago López, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1934), no cruzamento coa rúa do Sol Nº 55, 66, 137, 141, 151 e 194, de Eduardo Rodríguez-Losada, entre 1922 e 1933 Nº 163, de Leoncio Bescansa (1924) Nº 8, edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1909), coñecido como a casa dos elefantes pola súa decoración. Nº 54-56, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1935) Nº 96, de Pedro Mariño (1927) Nº 176-178, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1932) Nº 196, de Leoncio Bescansa (1918)
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Rúas da Coruña