José Álvarez Queimadelos, finado nos anos cincuenta, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Álvarez Lorenzo e Segunda Queimadelos Valenzuela. Perito industrial. Industrial en Vigo, foi propietario da fábrica de recauchutados RAB con Joaquín Botana Rosse.El Pueblo Gallego, 24-7-1927, p. 18. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Ponteareas dende 1939.El Pueblo Gallego, 23-7-1939, p. 5. Foi nomeado alcalde de Ponteareas en 1940,El Pueblo Gallego, 16-2-1940, p. 2. permanecendo no cargo até 1942.

Vida persoal Casou en Ponteareas con Luz Gil Piñeira o 25 de febreiro de 1929.El Tea, 3-4-1929, p. 3.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido