Unha guelta, pronunciado ['gelta], (ou noutros idiomas locais qalta, galta, agelmim ou agelmam), é un termo árabe (قلتة) do norte de África que significa depresión no terreo entre rochas que contén auga, que pode ser desde unha poza a un lago. É unha bolsa de auga que se forma nas canles de drenaxe ou uadis do Sáhara, en cuncas sen saída ou en cisternas nas rochas. O seu tamaño e duración dependerá da súa localización e condicións, polo que poden ser temporais, estacionais ou permanentes. Poden acabar secándose ou durar todo o ano incluso na estación seca se son alimentadas por algunha fonte como augas subterráneas . Cando os ríos non permanentes (uadis) secan poden quedar bolsas de auga nalgúns lugares do seu curso, orixinándose gueltas. No Sáhara occidental as gueltas correspóndense con oasis. Moitas están en zonas montañosas protexidas da forte exposición ao sol.
Algúns exemplos son a Guelta d'Archei no Chad e Timia en Níxer.
Galería
Notas
Categoría:Xeomorfoloxía