Illa Karaginsky ou Illa Karaginskiy () é unha illa no Golfo Karaginsky do Mar de Bering. O estreito de 40 km entre a península de Kamchatka e esta illa chámase o estreito de Litke. Karaginsky Island é un sitio Ramsar.

Malia que a illa está deshabitada, os karagin koryaks viviron tradicionalmente na illa de Karaginskiy. Pastores migratorios aínda viven en refuxios temporais na illa.

A illa ten 101 km. de longo e ata 27 lm de largo, cunha superficie de 2.404 km². O pico máis alto da illa ten 912 m. A illa Karaginsky está cuberta con vexetación de tundra e bosques de cedros. No verán hai moitas flores.

Actualmente esta illa é popular entre os turistas que queren gozar da vida silvestre.

45 km ao norte da punta norte da illa de Karaginsky atópase a pequena e estreita Illa Verkhoturov (Ostrov Verkhoturova). Ten unha lonxitude de 3´5 km e ten un largo medio de 0´5 km.

Administración Administrativamente, a Illa Karaginskiy pertence ao Krai de Kamchatka da Federación Rusa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos península de Kamchatka

Ligazóns externas Google map Karaginsky Island Ramsar site

Categoría:Illas de Rusia Categoría:Illas do mar de Bering