A Illa Kuiu é unha illa no arquipélago Alexander no sueste de Alasca. Atópase entre a illa Kupreanof, ao seu leste, e a illa Baranof, ao seu oeste. A illa ten 105 km de longo, e de 10 a 23 km de largo. Está case cortado en dous pola canle Affleck. Ten 1.936´16 km² de superficie terrestre, converténdoa na 15ª illa máis grande dos Estados Unidos. A illa enteira forma parte do bosque nacional de Tongass. A poboación era 10 persoas no censo do 2.000 dos Estados Unidos. Está separada da illa Baranof polo estreito de Chatham.

O faro do cabo Decision está situada na illa de Kuiu. Tamén na illa atópanse o Kuiu Wilderness e as áreas Tebenkof Bay Wilderness.

Historia A illa cartografiouse por primeira vez por Joseph Whidbey e James Johnstone, dous dos homes de George Vancouver durante a súa expedición 1791-95 en 1793-94. Este último, Johnstone, demostrou a súa insularidade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arquipélago Alexander Illa Kupreanof Baranof

Ligazóns externas

Categoría:Arquipélago Alexander Categoría:Illas dos Estados Unidos de América