Snapshot (acrónimo de Space Nuclear Auxiliary Power Shot) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 3 de abril de 1965 mediante un foguete Atlas Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.

Características A misión de Snapshot foi probar un motor iónico en órbita terrestre alimentado por enerxía nuclear. O reactor a bordo de Snapshot, un SNAP-10A, foi o primeiro e único reactor nuclear lanzado ao espazo polos Estados Unidos.

O motor iónico usaba cesio como propelente e propocionaba un impulso de 8,5 mN, alimentado por unha corrente de 4500 V e 80 mA. O motor funcionaría alimentado por baterías durante unha hora, despois da cal as baterías serían recargadas pola enerxía do reactor e comezaría de novo o uso do motor iónico. Finalmente o motor só funcionou durante unha hora antes da decisión de apagalo de maneira definitiva debido a que a interferencia electromagnética creada polos picos de voltaxe do motor causaba problemas nos sensores de control de actitude da nave. O reactor nuclear, de 39 kW de potencia térmica e 500 W de potencia eléctrica, funcionou polo menos durante 43 días, momento no que a telemetría fallou.

Véxase tamén

Outros artigos Agena D

Notas

Categoría:Programa Explorer Categoría:Enerxía nuclear