Protosuchus é un xénero extinto de carnívoros crocodilomorfos do Xurásico temperán. O nome Protosuchus significa "primeiro crocodilo", e é un dos primeiros animais que lembran os crocodilianos. Protosuchus medía aproximadamente 1 m de lonxitude e pesaba uns 40 kg. miniatura|esquerda|Restauración do aspecto dun Protosuchus miniatura|esquerda|Cranio de Protosuchus richardsoni (AMNH 3024) miniatura|esquerda|Pelve e patas posteriores de Protosuchus richardsoni (AMNH 3024) miniatura|O fósil Protosuchus richardsoni AMNH 3024 Como é un parente moi antigo dos crocodilos, o seu cranio presenta máis características corcodilianas que o dos seus antepasados máis antigos. Tiña mandíbulas curtas que se facían máis anchas na base do cranio, que lle proporcionaban unha gran superficie á cal se podían unir os seus músculos mandibulares. Isto incrementaba a abertura máxima da boca do animal e a forza coa cal se podían pechar as mandíbulas. A dentición do animal tamén lembra á dos modernos crocodilos, incluíndo os dentes da mandíbula inferior que encaixaban en amosegas da parte externa do lateral da mandíbula superior cando pechaban a boca. Tamén posuía unha poderosa cola que máis tarde se convertería nos seus descendentes no mecanismos de propulsión na auga.

O corpo estaba cuberto e reforzado con escamas e ao longo do dorso tiñan unha dobre ringleira de placas óseas. Era un réptil cuadrúpede pouco común con longas patas columnares, coas patas traseiras máis longas que as dianteiras. Os seus cinco dedos tiñan garras e crese que eran bos corredores e nadadores, pero de vida predominantemente terrestre.Colbert, Edwin Harris, 1905-; Mook, Charles Craig, 1887-1966.; Brown, Barnum. The ancestral crocodilian Protosuchus. Bulletin of the AMNH ; v. 97, article 3.

Especies Describíronse tres especies de Protosuchus: a especie tipo P. richardsoni "FossilWorks: Protosuchus richardsoni" , retrieved 26 Feb 2014 atopada en Arizona, Estados Unidos, P. micmac "Triassic-Jurassic faunal and floral transition in the Fundy Basin, Nova Scotia", Authors: Paul E. Olsen, Jessica H. Whiteside, Timothy Fedak, retrieved 26 Feb 2014 de Nova Escocia, Canadá, e P. haughtoni "FossilWorks: Protosuchus haughtoni" , retrieved 26 Feb 2014 de Suráfrica.

Notas

Categoría:Crocodilomorfos