Soiuz 12 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 27 de setembro de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características A misión de Soiuz 12 foi probar a nova nave Soiuz 7K-T, con melloras aplicadas despois da traxedia da Soiuz 11. A bordo ían o comandante Vasili Lazarev e o enxeñeiro de voo Oleg Makarov. Tras case dous días de probas a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 400 km ao suroeste de Karaganda.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 10 Soiuz 11

Notas

Categoría:Programa Soiuz