Soiuz 15 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 26 de agosto de 1974 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 15, cos cosmonautas Gennadi Sarafanov e Lev Diomin a bordo, foi a segunda nave en intentar acoplarse coa estación militar Saliut 3. Tras ser posta en órbita e achegarse á estación, o sistema de atraque automático Igla fallou e o acoplamento non puido levarse a cabo. A nave regresou a terra aos dous días de ser lanzada, aterrando o 28 de agosto de 1974 ás 20:10 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 11A511 Saliut 3 Soiuz 10 Soiuz 11 Soiuz 12 Soiuz 13 Soiuz 14
Notas
Categoría:Programa Soiuz