Soiuz 35 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 9 de abril de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que marcou un récord de permanencia no espazo cos seus 184 días de misión.

Características Soyuz 35, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Leonid Popov e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión de longa duración que lle arrebatou o récord de permanencia no espazo ós cosmonautas da misión Soiuz 32.

Durante a súa estancia, Popov e Ryumin recibiron a visita doutras catro tripulacións temporais e tres naves Progress de provisionamento, e intercambiaron nave cos membros da Soiuz 37. Adicáronse a facer tarefas de mantemento, como reparar e acondicionar o sistema de control de actitude e o sistema de soporte vital, substituír o aire da estación e instalar unha nova batería de 80 kg. Os cosmonautas volveron á terra na Soiuz 37 o 11 de outubro de 1980 ás 9:50 GMT, tras pasar 184,84 días en órbita.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Soiuz 30 Soiuz 31 Soiuz 32 Soiuz 33 Soiuz 34 Saliut 6

Notas

Categoría:Programa Soiuz