Æthelwald, tamén coñecido como Æthelwold ou Æþelwald (inglés antigo: Æþelwald "nobre gobernante"), finado en 664, foi rei de Anglia Oriental, no século VII (reinou 654-664), o lonxevo reino anglosaxón que inclúe hoxe en día os condados ingleses de Norfolk e Suffolk. Pertencía á dinastía Wuffinga que gobernou Anglia Oriental desde o seu rexio (centro da autoridade real) de Rendlesham. Os dous cemiterios anglosaxóns de Sutton Hoo, o mosteiro de Iken, a Sede episcopal de Dommoc e o novo porto de Ipswich estaban todos na veciñanza de Rendlesham.

Aethelwald viviu durante un tempo de axitación política e relixiosa en Anglia Oriental, cuxos reis cristiáns adoitaban morrer violentamente e mostráronse incapaces de frear os ataques do veciño reino de Mercia, liderado por Penda. Aethelwald foi o último dos sobriños de Raedwald en gobernar Anglia Oriental. Morreu no 664 e foi sucedido por Ealdwulf, o fillo do seu irmán Æthelric.

Poucos rexistros relativos a Anglia Oriental sobreviviron e non se sabe case nada da vida ou o reinado de Aethelwald. Sucedeu ao seu irmán máis vello Æthelhere, despois de que este morrese xunto con Penda de Mercia na Batalla de Winwaed ao redor de 655. Durante o seu goberno foi testemuña do revés nas aspiracións de Mercia para dominar aos seus veciños, tras a Batalla de Winwaed e o asasinato de Peada, fillo de Penda.

El foi rei durante a última década da co-existencia en Inglaterra dos cristiáns do Rito romano, centrada en Canterbury, e o rito Celta baseado en Northumbria. No Sínodo de Whitby, en 664, a causa Romana impúxose e a división das autoridades eclesiásticas cesaron. En 662, Swithelm de Essex foi persuadido a adoptar o Cristianismo e foi bautizado en Rendlesham, con Aethelwald presente como o seu patrocinador. Anglia Oriental estreitou lazos con Northumbria, Kent e terras nos Pantanos, por medio de matrimonios reais

Traxectoria Contexto histórico dereita|miniatura|314x314px|Un mapa dos reinos anglosaxóns, incluíndo lugares relevantes para oreinado de Æthelwald

A emerxencia do reino de Anglia Oriental A historia de Anglia Oriental e os seus reis coñécese a través da Historia Ecclesiastica gentis Anglorum, compilado polo monxe Northumbriano Beda en 731, e unha lista xenealóxica da Anglian colection, que data da década de 790, no que a ascendencia de Ælfwald de East Anglia foi rastrexada a través de catorce xeracións até WōdenWarner, The Origins of Suffolk, p. 70..

Anglia Oriental foi un lonxevo reino no que se mantivo a dualidade entre norte e sur, correspondente aos actuais condados ingleses de Norfolk e SuffolkLapidge, Blackwell Encyclopaedia of Anglo-Saxon England, p. 154.. Comezou a formarse durante o século V, seguindo á finalización do Fin do dominio romano en Britania en 410Plunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, pp. 25–26.. O leste de gran Bretaña foi colonizado rapidamente por saxóns e os anglos do continente. Durante o século V, os grupos de colonos de orixes mixtas emigraron cara aos Pantanos, e polos principais ríos do interiorWarner, The Origins of Suffolk, pp. 60–61.. De Beda sabemos que os pobos que se asentaron no que se converteu en Anglia Oriental foron os anglos, orixinarios da actual Dinamarca. Durante o século VI, apareceron novos asentamentos tamén ao longo dos sistemas dos ríos da costa leste, incluíndo o Deben, o Alde e o OrwellWarner, The Origins of Suffolk, p. 64.. Os colonos non se viron afectados pola cultura e civilización romana e tiñan a súa propia relixión e idioma. A medida que se ocupaba máis territorio, formábanse novos reinos, substituíndo a función dos territoriaWarner, The Origins of Suffolk, pp. 66–67.. Rodeado polo mar, lamazais, grandes defensas como o Devil's Dyke e anchos ríos, Anglia Oriental unificouse baixo o mando dos Wuffingas.

Raedwal e os seus sucesores O primeiro rei dos Anglos Orientais foi Raedwald, descrito por Beda como 'o fillo de Tytil, cuxo pai era Wuffa', que reinou sobre 599 até aproximadamente 624Kirby, The Earliest English Kings, p. 52.. Segundo Beda, foi convertido ao Cristianismo na corte do seu señor Aethelberht de Kent aproximadamente en 604. Ao longo do seu reinado foi suficientemente poderoso como para manter o imperium sobre varios reinos anglosaxóns. En 616, derrotou a Aethelfrith de Northumbria e instalou ao exiliado Edwin como novo reiLapidge, The Blackwall Encyclopaedia of Anglo-Saxon England, p. 385.. Crese que este lle entregou un barco funerario cunha magnífica variedade de tesouros e símbolos de poder, que foron descubertos baixo o Túmulo 1 en Sutton Hoo, en SuffolkPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 82.. Foi sucedido polo seu fillo Eorpwald, que reinou brevemente antes de ser asasinado pouco despois do seu bautismo, por un pagán chamado Ricberht, despois do cal os anglos orientais volveron ao paganismoYorke, Kings and Kingdoms, p. 62.. Ricberht foi substituído por Sigeberht, cuxa educación cristiá asegurou o restablecemento do cristianismo. Durante o reinado conxunto de Sigeberht e Ecgric, estableceuse a sede episcopal de Dommoc en territorio de Anglia OrientalPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, pp. 100–101..

En 632 ou 633, Edwin de Northumbria foi derrocado e asasinado, e o seu reino devastado por Cadwallon ap Cadfan, apoiado por Penda de MerciaStenton, Anglo-Saxon England, pp. 80–81. Os mercianos volvéronse entón cara a Anglia Oriental e o seu rei, Ecgric. En 640 ou 641, derrotaron aos anglos, circunstancia na que pereceron Ecgric e o seu predecesor SigeberhtWarner, The Origins of Suffolk, pp. 110–13..

O sucesor de Ecgric, era un irmán de Æthelwald, Anna, coñecido polo seu devoto cristianismo e a santidade dos seus fillos, pero revelouse ineficaz á hora de evitar a invasión merciana de Anglia Oriental. Tras un ataque merciano en 651 a Cnobheresburg, Anna foi exiliado por Penda, posibelmente a Magonsaete. Tras o seu regreso, Anglia Oriental foi atacado novamente por Penda, e as forzas de Anna derrotadas, o propio Anna morto. Durante o reinado do seu sucesor, Æthelhere (outro irmán de Æthelwald), Anglia Oriental foi eclipsada por Mercia. En 655, despois da Batalla de Winwaed, preto de Leeds, onde Æthelhere e Penda perderon a vida, emerxeu unha nova realidade políticaYorke, Kings and Kingdoms, p. 63.. Peada, fillo de Penda, que gobernara a provincia merciana dos Anglos medios como rei cristián desde 653, sucedeu ao seu pai como rei de Mercia, pero foi asasinado un ano máis tardeStenton, Anglo-Saxon England, p. 84.. A morte de Peada constituíu un golpe severo ás aspiracións mercianas de dominio sobre os outros reinos de Inglaterra.

Ascendencia e familia Æthelwald, (en anglosaxón 'gobernante nobre') foi un membro da dinastía dos Wuffingas, o fillo máis novo de Eni e sobriño de Rædwald de Anglia OrientalBosworth, A dictionary of the Anglo-Saxon language, pp. 12, 438.. Dous dos seus irmáns, Anna e Æthelhere, gobernaron sucesivamente antes que elYorke, Kings and Kingdoms, p. 68..

A súa ascensión é mencionada polo historiador do século XII Guillerme de Malmesbury, en Gesta Regum Anglorum:

As alianzas dinásticas vincularon fortemente o reino de Æthelwald ao reino cristián de Kent, onde Seaxburh, a filla máis vella de Anna, o irmán máis vello de Aethelwald, convertíase na raíña de Earcomberht de Kent A fortaleza occidental de Anglia Oriental nos Fens estivo en mans de Eteldreda, irmá de SeaxburhYorke, Kings and Kingdoms, p. 37.. Outra importante conexión con Northumbria foi o establecemento do mosteiro de Streoneshalh (identificado con Whitby) por parte de Hilda, lugar que se convertería en panteón de Edwin e doutros reis northumbrianos.

Reinado

Cristianismo en Anglia Oriental baixo Æthelwald dereita|miniatura|250x250px|O reino de Anglia Oriental durante os inicios do período anglosaxón. A influencia do rito celta en Anglia Oriental fora forte mentres existiu o mosteiro de San Furseo e San Foillan en Cnobheresburg. A autoridade do cristianismo en Anglia Oriental aínda residía na sede de Dommoc, obediente a Canterbury. Botwulf comezou a construír o seu mosteiro en Iken, nunha illa no río Alde, Suffolk, en aproximadamente 653, o ano que Anna de Anglia Oriental morreu na batalla de BulcampPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 116..

Oswiu persuadiu a Sigeberht II de Essex para que recibise o bautismo e Cedd, un discípulo northumbriano de Aidan, foi relevado da misión aos Anglos Medios para converterse en Bispo dos saxóns do leste e reconvertelosStenton, Anglo-Saxon England, p. 121.. Cedd construíu mosteiros en Tilbury no do sur e en Ythancæster, onde había un vello forte romano, no que é agora Bradwell-on-Sea, ao nordeste de EssexYorke, Kings and Kingdoms, p. 48.. Sigeberht foi asasinado polos seus propios seguidores e foi sucedido polo pagán Swithhelm de Essex. Cedd persuadiuno para aceptar a fe e, segundo Beda, o seu bautismo tivo lugar en Rendlesham, en presenza de Æthelwald:

Alianzas matrimoniais de Anglia Oriental A comezos da década de 660, dous matrimonios importantes tiveron lugar. Ecgfrith de Northumbria, o fillo de quince anos de Oswiu, desposaba a Æthelthryth de Ely, filla de Anna de Anglia Oriental, (que era aproximadamente catorce anos maior que el), e instalábase xunto a el na corte de Northumbria. Permanecera virxe durante o seu primeiro matrimonio; mantívose na súa decisión como noiva de Ecgfrith, polo que non podía darlle un herdeiro. Æthelthryth retivo Ely como posesión propia durante este matrimonioYorke, Kings and Kingdoms, pp. 66, 81, 111..

Namentres, Wulfhere de Mercia, irmán de Peada, saíu dun retiro seguro e foi proclamado rei. Non era cristián, pero foi pronto se converteu e posteriormente casou con Eormenhilda, filla de Eorcenberht de Kent e Seaxburh. Pouco despois fundou o mosteiro de Medeshamstede, que máis tarde se convertería en Peterborough, baixo o abade Seaxwulf.

Sínodo de Whitby Tras a morte de Finan, bispo de Lindisfarne, Alhfrith de Deira, en conivencia con Wilfred de York, Agilbert de Wessex e outros, tratou de persuadir a Oswiu para gobernar a favor do rito romano do cristianismo nos reinos en que el tivese imperium. O caso foi debatido na presenza de Oswiu no Sínodo de Whitby en 664, con Colmán, Hilda e Cedd defendendo o rito celta e a tradición herdada de Aidan, e Wilfred defendendo a postura romanaStenton, Anglo-Saxon England, p. 123.. Finalmente, prevaleceu a causa romana e púxose fin á división anterior. Quen non o puideron aceptar, incluíndo Colmán, abandonaron o lugarYorke, Kings and Kingdoms, p. 80..

Naquela época, a peste estendeuse por Europa e Inglaterra anglosaxoa. Faleceron pola súa causa, entre outros o bispo Cedd, o arcebispo Adeodato de Canterbury, e Eorcenberto de Kent. Aethelwald faleceu tamén en 664.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 664 Categoría:Reis de Anglia Oriental