Soiuz 7 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 12 de outubro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soyuz 7, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas Anatoli Filipchenko, Vladislav Volkov e Viktor Gorbatko a bordo, foi unha nave lanzada para voar en formación coas Soiuz 6 e Soiuz 8 no que sería o primeiro voo simultáneo de tres naves espaciais.

As naves foron lanzadas secuencialmente e atopáronse no espazo, pero un problema na electrónica de todas elas debido a unha remesa de pezas defectuosas impediu o acoplamento entre as Soiuz 7 e 8, que ía ser gravado pola Soiuz 6. A cápsula tripulada volveu a terra o 17 de outubro de 1969 ás 9:26 GMT.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 6 Soiuz 8

Categoría:Programa Soiuz