O termo Nakota (ou Nakoda ou tamén Nakona) é o endónimo utilizado polos pobos orixinarios de América do Norte, que xeralmente reciben o nome de Assiniboine (ou Hohe), nos Estados Unidos, e de Stoney, no Canadá .

Son tribos do subgrupo lingüístico dakotano (ou dakota en sentido amplo) da familia lingüística síux-catawba, que se separaron das ramas principais da nación síux en tempos pasados. Movéronse dende o territorio orixinal até os bosques da Minnesota actual e rexións cara ao norte e ao noroeste: Montana e Dacota do Norte dos actuais Estados Unidos e Manitoba, Saskatchewan e Alberta do Canadá actual. Máis tarde, por mor da competencia polos mesmos recursos convertéronse en inimigos dos seus antigos "aliados" da súa familia lingüística (en cada un dos dialectos síux -nakota, dakota e lakota- significan "amigo" ou "aliado").

Historia da denominación errónea Historicamente, os estudosos clasificaron as tribos pertencentes á nación síux (ou dakota nun sentido amplo) en tres grandes grupos lingüísticos:

Dakota (propiamente), que era o grupo máis oriental (o orixinal) e que se denominaba Isáŋyathi o Isáŋathi (de aí, o nome europeizado de Santee); Nakota, de quen se dicía que comprendían as dúas tribos centrais de yankton e yanktonai, colectivamente tamén denominadas polo endónimo Wičhíyena, e Lakota, que formou o grupo máis occidental e chamouse Thítȟuŋwaŋ (nome europeizado en Teton).

Esta foi a clasificación tradicionalmente admitida que moi poucos académicos criticaron. Entre os escasos eruditos que a criticaron destaca a yankton Ella Cara Deloria (nada en 1888) que foi unha das primeiras en sinalar "a falacia de designar aos grupos yankton-yanktonai como nakota".Deloria era a tía do moi famoso activista polos dereitos dos nativos americanos, Vine Victor Deloria Jr. (1933–2005).

Mais en 1978, Douglas R. Parks, A. Wesley Jones, David S. Rood e Raymond J. DeMallie dedicáronse á investigación lingüística sistemática nas reservas síux e assiniboine para establecer a dialectoloxía precisa da lingua síux. Aseguráronse de que tanto os santee como os yankton/yanktonai referíanse (e refírense) a eles mesmos polo autónimo "Dakota". O nome de nakota (ou nakoda) era, e é, uso exclusivo dos assiniboine e dos seus familiares canadenses, os stoney.Un resumo das investigacións está en Parks/DeMaillie (1992), na bibliogafía. A literatura académica posterior, con todo, especialmente se non é producida por especialistas lingüísticos, en moi rara ocasión recolle as investigacións de Parks e DeMallie.Ve-las obras de Gibbon (2003) e Palmer (2008) na bibliografía.

As súas conclusións foron plenamente confirmadas pola investigación de campo realizada, durante 23 anos, por Jan Ullrich que tivo como conclusión a compilación, en 2008, do seu dicionario Lakota.Ullrich (2008), p.2 Segundo Ullrich, o erro na denominación nome dos yankton-yanktonai,

Porén este erro tivo unha grande influencia sobre algúns nativos lakota e dakota e, mesmo, a xente moza dos yankton e yanktonai adoptaron o costume de empregar a denominación de "Nakota" coma un termo de autoafirmación para diferenciarse dos santee e dos teton.DeMallie (2001), p. 750 O cambio non pode considerarse como unha regresión terminolóxica posterior causada polo feito de que a xente xankton-yanktonai vivía xunto cos santee nas mesmas reservas.Unha idea semellante é a apoiada por James H. Howard, que, aínda que admitiu que hoxe en día tódolos síux dos grupos oriental e central empregan para si mesmos (e para toda a nación) o nome de Dakhóta, postula que o termo Nakhóta, simplemente "caeu en desuso" entre yankton e yanktonai (op.cit., p. 4).

Os textos máis antigos que documentan os dialectos síux están desprovistos de referencias históricas a nakota. Ullrich sinala en particular que o dicionario inglés-Dakota de John P. Williamson (1902) enumera a dakota como o nome propio do pobo dakota, pero non menciona nakota. Aínda así, Williamson traballara extensamente cos yankton e, a miúdo, incluía no seu dicionario as variantes dos yankton para as entradas propias dos santee.

Os assiniboine separáronse moi cedo da agrupación yankton-yanktonai e a súa fala chamada tamén nakota, volveuse máis distintiva e inintelixíbel para os falantes de lakota e dakota.

Na actualidade, as diferentes tribos refírense a si mesmos, nas súas linguas maternas, como:

Dakhóta (ou Dakhód) - os santee Dakȟóta (ou Dakȟód) - os yankton e yanktonai Lakȟóta (ou Lakȟól) - os teton (esta denominación caeu en desuso e agora, simplemente, chámanse a si mesmos Lakȟóta) Nakhóta (Nakhóda ou NakhónaVer uso do termo "Nakona" polos assiniboin da comunidade de Fort Peck (http://fpcctalkindian.nativeweb.org)) - os assiniboine Nakhóda (ou Nakhóta) - os stoney

Tendencias actuais Recentemente, os assiniboine e, especialmente, os stoney comezaron a minimizar a ruptura e separación histórica dos dakota e reclamaron unha certa identidade coa tradición síux xa que non se pode falar de nación síux como tal pois, historicamente, as tribos Siouan estaban bastante descentralizadas e operaban en bandas independentes. A tendencia pódese ver nos sitios oficiais dos stoney de Alberta, por exemplo. na autodenominación da Alexis Nakota Sioux First Nation (en galego: Primeira nación Alexis Nakota Síux) ou na reivindicación de Nakoda First Nation (en galego: Primeira Nación Nakoda) da súa ascendencia síux e o valor da súa lingua materna: "Como descendentes das grandes nacións síux, os membros da tribo stoney de hoxe prefiren levar a cabo a súa conversación e asuntos tribalis na lingua materna siouan". As tribos assiniboine e stoney de Saskatchewan tamén reivindican a súa identificación coa tradición sioux.

Os cumios As tribos assiniboine-stoney apoiaron os recentes intentos "pan-Sioux" de revivir as linguas nativas. Os seus representantes asisten aos cumes anuais "Lakota, Dakota, Nakota Language Summits" que, dende 2008, son patrocinados por Tusweca Tiospaye"Thuswéčha Thióšpaye" (Dragonfly Community), a organización sen fins de lucro lakota para a promoción e o fortalecimiento do idioma que promoven a campaña "Uniting the Seven Council Fires to Save the Language" (en galego: "Unión do Consello dos Sete Lumes para salvar o idioma"). Os promotores lakota recoñecen unha orixe común cos pobos nakota: o Cumio da Lingua de 2008 supuxo un esforzo por unir os pobos síux lakota, dakota e nakota tanto dos Estados Unidos como do Canadá para revitaliza-las linguas lakota, dakota e nakota. No cumio de 2009, na lista de tribos que conforman o "Consello dos Sete Lumes" incluían a assiniboine e stoney no "Fire" dos yanktonai. Posteriormente, as dúas tribos nakota cambiáronse ao final da lista e a expresión "Also includes the Stoney and Assiniboine People" se mantivo. A longa separación dos pobos deu lugar a que as súas linguas se desenvolvesen de xeito independente e cada vez máis diferenciadas até o punto de que xa non son mutuamente intelixíbeis. Os falantes de lakota ou dakota enténdese dificilmente cos assiniboine; e nin uns nin outros se entenden cos stoney.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Lingua dakota Lingua lakota Lingua síux Síux

Ligazóns externas Folla oficial da Fundación dos indios dakota (Dakota Indian Foundation).

Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América