Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se coñece unha igrexa protestantes estilo gótico dos Países Baixos, erguida no século XIV, situada na cidade de Delft, na Holanda Meridional.

A igrexa está situada na Gran Praza (Markt) de Delft, fronte ao antigo edificio do concello de Delft.

A impoñente torre da campá da igrexa chega aos 108,75 metros de altura. É a segunda máis alta dun edificio relixioso nos Países Baixos, por detrás da torre da catedral de San Martiño, de Utrecht, que chega aos 112 metros.Información sobre a torre da igrexa . En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)

Esta igrexa goza dun recoñecemento particular, polo feito de albergar o panteón real da casa de Orange-Nassau. En 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).Ficha de inscrición do monumento no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)

Historia Ao principio, a igrexa consistía nun edificio provisional de madeira, en torno ao cal se construíu a basílica tal e como pode ser contemplada na actualidade. A antiga igrexa de madeira, que se mantivo ata 1420, foi consagrada a María.Notas sobre a historia da igrexa . En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)

A basílica cruciforme edificouse a partir do ano 1396 nun estilo gótico flamíxero ateigado de mostras do simbolismo cristián. O plano en forma de cruz refire a Cristo, as doce columnas do corazón aos doce apóstolos, os catro piares do cruceiro representan os catro evanxelistas e as dezaseis columnas da nave central representan os dezaseis profetas. A construción realizouse exactamente arredor do que foi a antiga igrexa provisional de madeira.

As vidreiras de cores do transepto e o amplo deambulatorio son obra de Willem Van Konijnenburg (1927-1936). A vidreira que representa a Hugo Grotius, situada na ala norte do transepto, caracterizada polos seus tons fríos gris e azuis, débeselle ao mestre Joep Nicolas.

Panteón real da casa de Orange-Nassau miniatura|esquerda|Vista da antiga bóveda de 1890 miniatura|Plano da cripta realO mausoleo de Guillerme, o Taciturno elévase no coro, sobre a cripta real. Este edificio renacentista de mármore foi levantado por Hendrick de Keyser entre 1614 e 1621. No centro dun perístilo flanqueado por grandes alegorías, o príncipe está en traxe de desfile baixo a mirada dunha deusa Fama de bronce. Aos seus pés hai unha figura do seu fiel can que un día lle salvou a vida. Na cabeza da estatua xacente de mármore, unha estatua de bronce representa o príncipe con armadura.

No centro do coro, a entrada á cripta dos príncipes está sinalada por unha gran lousa brasonada. Príncipes e reis soterrados na cripta Na igrexa nova están soterradas moitas persoas pertencentes á familia Orange-Nassau e á actual familia real dos Países Baixos. Esta é unha listaxe dos príncipes e os monarcas:Retratos e notas biográficas sobre algunhas destas personalidades. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán) Guillerme I de Orange-Nassau (1533 -1584). Luísa de Coligny (1555 -1620) Mauricio de Nassau (1567-1625) Frederico Henrique de Orange-Nassau 1584-1647) Guillerme II de Orange-Nassau (1626-1650) Guillerme IV de Orange-Nassau (1711-1751) Guillerme V de Orange-Nassau (1748-1806) Guillerme I dos Países Baixos (1772-1843) Guillerme II dos Países Baixos (1792-1849) Guillerme III dos Países Baixos (1817-1890) Guillermina I dos Países Baixos (1880-1962) Xiana I dos Países Baixos (1909-2004)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Igrexa vella de Delft Casa do Concello de Delft

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Igrexa Nova de Delft