Coenred (ou Cenred) foi rei de Northumbria de 716 a 718.

Traxectoria Xoán de Fordun afirma que asasinou o seu predecesor Osred. Descríbeselle como membro dos Leodwaldingas, unha liñaxe descendente de Ida de Bernicia, e foi o primeiro da súa dinastía en gobernar Northumbria. Os Anais do Ulster rexistran a morte do fillo de Cuidine (Cuthwine), rei dos saxóns, en 718, e isto case certamente se refire a Coenred.

Guillerme de Malmesbury chámao un grolo da mesma copa que Osred, o que quere dicir un home novo, enérxico, disoluto, cruel e bravo. As circunstancias da súa morte son descoñecidas. Sucedeuno Osric, irmán, ou medio-irmán, de Osred. O irmán de Coenred, Ceolwulf sucedeu a Osric.

Véxase tamén Bibliografía Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992. Plummer, Charles, Venerabilis Baedae Opera Historica. Volume 2. Oxford: Clarendon Press, 1896, páxina 340.

Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 718