José Polo Folgueira, finado en Mondoñedo en setembro de 1952, foi un xastre e xornalista galego.
Traxectoria Presidente da Asociación Juventud Carlista de Mondoñedo en 1907, e da Juventud Jaimista en 1915.El Progreso, 25-2-1915, p. 2. Foi o primeiro director de El Cruzado e un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917, da que foi nomeado vogal da xunta directiva.El Progreso, 18-10-1927. Concelleiro na década dos vinte, foi representante en Mondoñedo da sociedade bonaerense Mondoñedo y Distritos e xestor dos fondos que estes enviaron desde a Arxentina. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local dos requetés Boinas Rojas entre 1936 e 1939. Finou en Mondoñedo a principios de setembro de 1952.El Correo Gallego, 10-9-1952, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Centenario da Irmandade da Fala mindoniense
Categoría:Concelleiros de Mondoñedo Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carlistas de Galicia