Annie Hall é un filme estadounidense de comedia romántica dirixido por Woody Allen que se estreou en 1977. O guión é obra de Allen e Marshall Brickman. Producido por Charles H. Joffe, está protagonizado polo propio Allen intepretando a Alvy "Max" Singer, que tenta descubrir a razón do fracaso da súa relación con Annie, intepretada por Diane Keaton nun papel escrito especificamente para ela.
A fotografía principal do filme comezou o 19 de maio de 1976 en South Fork de Long Island, e continuou durante os próximos dez meses. Allen describiu o resultado, que marcou a súa primeira colaboración con Gordon Willis, como "un importante punto de inflexión", no que a diferenza das comedias nas que traballara até daquela, introduciu un novo nivel de seriedade. Os académicos salientaron o contraste nos escenarios de Nova York e Os Ánxeles, os estereotipos de diferenzas de xénero na sexualidade, a presentación da identidade xudía, e os elementos da psicanálise e o modernismo.
Foi estreado en galego na TVG o 18 de xullo de 1992.La Voz de Galicia, 18 de xullo de 1992. Páx. 63, en versión subtitulada, e o 29 de xuño de 2021 en versión dobradawww.twitter.com/VersionEnGalego/status/1409831993785864196.
Personaxes Woody Allen como Alvy "Max" Singer Diane Keaton como Annie Hall Tony Roberts como Rob Carol Kane como Allison Portchnik Paul Simon como Tony Lacey Janet Margolin como Robin Shelley Duvall como Pam Christopher Walken como Duane Hall Colleen Dewhurst como Mrs. Hall Donald Symington como Mr. Hall Joan Newman como Mrs. Singer Marshall McLuhan como El mesmo Mordecai Lawner como pai de Alvy
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes ambientados en 1975 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre parellas Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1977 con versión en galego