Ælfwald, finado o 23 de setembro de 788, foi rei de Northumbria de 779 a 788.
Traxectoria Pénsase que foi fillo de Oswulf, e por tanto neto de Eadberht.
Ælfwald chegou ao trono despois de que Æthelred, fillo de Æthelwald Moll, fose deposto en 778. Foi asasinado, probabelmente en Chesters, polo ealdorman Sicga, o 23 de setembro de 788 e enterrado na abadía de Hexham onde foi considerado un santo.
Ælfwald foi sucedido polo seu primo Osred, fillo de Alhred e Osgifu filla de Eadberht. Os fillos de Ælfwald, Ælf e Ælfwine foron asasinados en 791 por orde de Æthelred. Notas
Véxase tamén Bibliografía Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993.
Categoría:Finados en 788 Categoría:Nados no século VIII Categoría:Reis de Northumbria