TareixaBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. é un nome propio feminino galego. A súa orixe é incerta, quizais celta, aínda que tradicionalmente se propuxo a relación co grego Tarasios ou Tarasía, relacionado co adiviño Tiresias. Porén, esta teoría está desbotada por improbable. En galego tamén ten a variante Tereixa e os hipocorísticos Teruca, Tete e Teté.

En xaneiro de 2023 existían 22 mulleres en Galicia co nome Tareixa, cunha media de idade de 28,8 anos.Nome Tareixa na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Tereixa.

Historia Este nome foi común no norte da Península Ibérica dende hai moitos séculos. Está documentado dende o século IV (a muller de san Paulino de Nola) e foi común entre as raíñas da dinastía galega-asturleonesa; na Idade Media a documentación galega recólleo como Tareija ou Tereija.

Tareixa noutras linguas

Alemán: Resi (hip.) / Rese (hip.) / Theresia / Therese Aragonés: TresaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Taresa Bretón: Tereza Búlgaro: Tereza Castelán: Teresa Catalán: Teresa Checo: Tereza Dinamarqués: Teresa Eslovaco: Tereza Éuscaro: Ataresa / Terese / Teresa / Taresa Finés: Teresa Francés: Thérèse Grego: Tereza Inglés: Tess (hip.) / Tessa (hip.) / Theresa / Teresa Italiano: Teresa Noruegués: Teresa Polaco: Teresa Portugués: Teresa Romanés: Tereza Ruso: Tereza Sueco: Teresa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Bibliografía

Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes de orixe incerta Categoría:Nomes femininos galegos