Acontecementos Europa occidental Henrique XII de Baviera rexeita axudar a Frederico Barbarrosa nunha expedición a Italia. Derrota de Frederico Barbarrosa diante da Liga lombarda na batalla de Legagno. Confírmanse os privilexios de Milán. Concilio en Albi, Provenza, que condena aos albixenses como herexes.

Europa oriental Vitoria de Vladimir e de Péréïaslav sobre Rostov e Souzdal. O principado de Vladimir afirma a súa preponderancia sobre Kíiv. O príncipe de Riazán saquea Moscovo. Derrota dos bizantinos en Misocefalón, en Anatolia central, ante os selxúcidas do sultanato de Iconio

Oriente Próximo 22 de maio: durante o Sitio de Alepo, uns membros da seita dos asasinos tenta asasinar a Saladino, que se salva grazas á súa cota de malla, mentres que os asaltantes son masacrados. En agosto, para vingarse, Saladino sitia Massiaf, fortaleza dos Asasinos en Siria central. Ameazado de asasinato polo "vello da montaña", Saladino levanta rapidamente o sitio. Posteriormente procurará conciliarse cos Asasinos para evitar unha nova fronte, a parte dos francos.

Nacementos Leopoldo VI de Austria. André II de Hungría, rei de Hungría (-1235). Filipe de Suabia, emperador alemán, fillo de Frederico Barbarrosa (-1208). Henrique de Flandres, emperador do Imperio latino de Constantinopla (m. 1216).

Mortes 17 de xuño - Raúl II de Vermandois, conde de Vermandois, de Valois e de Amiens (n. 1145).

Outros Chrétien de Troyes escribe a novela Cligès. Iníciase a construción do Old London Bridge (vella Ponte de Londres). Saladino funda escolas superiores de administración, as medersas para formar funcionarios e erradicar o xiísmo do Exipto.

Historia ano a ano

Categoría:1176