Acontecementos Europa Comeza o pontificado de Lucio III (até 1185) Fracasa unha cruzada contra os cátaros no sur de Francia. Frederico Barbarrosa confisca a Saxonia a Henrique o León, que non conserva máis que Brunswick. Toda a Pomerania tórnase parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, privando á Polonia de saída ao mar. Os húngaros, unha retomada a Croacia e a Dalmacia, alíanse aos serbios de Estevo Nemanja, baixo cuxa autoridade se unen Zeta e Rascia. Serbios e húngaros arrasan até Sofía (até 1183). O papa Alexandre III, pola bula "Regis Aeterni" concede á catedral de Santiago de Compostela a graza do Xubileu, que iniciará no ano seguinte.

Asia No oeste do Xapón agrávase a crise de subsistencia. Os Taira logran a duras penas manter o gando (1181-1182). No leste, os veráns húmidos favorecen as colleitas e contribúen ao éxito dos Minamoto. Continúa a guerra de Gempei e Taira no Tomomori vence a Minamoto no Yukiie en dous enfrontamentos en Sunomata e Yahagigawa, mais enferma e debe renunciar a perseguilo. Comeza o reino de Jayavarman VII, rei khmer de Camboxa (até 1218). Jayavarman VII libera Camboxa dos Chams. Adepto do budismo Mahayana, multiplica as fundacións pías e emprende numerosas guerras (anexión do Champa). Despois del, Camboxa perderá as súas conquistas. Desaparece a súa brillante civilización e triunfa o budismo theravada. Na India, o xeneral gurida Muhammad ibn Sam toma Sialkot.

Arte e cultura Publícase en Viena o libro Sefer ha-yashar (Libro da Ortodoxia) do xudeu Jacob ben Meir Tam.

Nacementos 26 de setembro: Francisco de Asís, fundador da orde franciscana (m. 1226)

Mortes 3 de agosto - Alexandre III, papa (n. 1155) Henrique I de Champaña, conde de Champaña (n. 1127).

Outros 6 de agosto - os astrónomos chineses observan a supernova SN 1181. Construción do Alcázar de Sevilla. Chrétien de Troyes compón Perceval ou a Historia do Graal. Construción dunha nova capital en Angkor que ten como centro un inmenso templo budista, o Bayon.

Historia ano a ano

Categoría:1181