O lago de Tota é un corpo de auga natural que se atopa no departamento de Boyacá, Colombia. Cunha superficie duns 55 km² é o meirande lago de Colombia; a este séguelle a Lagoa de la Cocha con máis de 40 km². Atópase a 34 km ó sur da cidade de Sogamoso, arredor duns 200 km aónoroeste da capital, Bogotá. O lago atópase en xurisdición dos municipios de Cuítiva, Tota e Aquitania, a unha altura de 3.115 msnm, o que o converte no segundo lago navegable máis alto de América do Sur despois do lago Titicaca.

Segundo o Instituto Xeográfico Agustín Codazzi o solo da conca hidrográfica do lago de Tota son dos máis produtivos e con maior capacidade agrícola de Colombia. Esa rexión xera aproximadamente o 80% da produción total de Allium fistulosum do país.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas VisitSugamuxi: Páxina web de viaxes e turismo na provincia de Sugamuxi, Boyacá (Colombia) VisitSugamuxi - Lago de Tota: Máis detalles do lago de Tota

Categoría:Lagos de Colombia