Fanta é unha marca e empresa de bebidas refrescantes propiedade de Coca-Cola. Os sabores máis coñecidos son os de limón e laranxa aínda que hai máis de 70 sabores, con variantes para mercados locais. Véndese en formato botella de plástico e lata. Existe tamén o formato botella de vidro para hostalería e o xarope concentrado para surtidor ao que se engade auga e gas.

Historia As orixes da marca están nos inicios da segunda guerra mundial. Co bloqueo económico a fábrica de Coca-Cola en Alemaña quedou illada da empresa dos Estados Unidos. Non tendo acceso ás materias primas necesarias para fabricar Coca-Cola, decidiron sacar un produto alternativo coas materias ás que tiñan acceso.

O nome da empresa veu dun concurso interno no que se pedía aos traballadores que propuxeran un novo nome deixando voar a súa fantasía (en alemán fantasie) do cal xurdiu Fanta.

Rematada a segunda guerra mundial Coca-Cola recuperaría o control das súas fábricas en Alemaña e continuaría coa produción de Fanta. En 1961, chegaría a España o sabor a laranxa e en 1962 o sabor a limón.

Ingredientes esquerda|miniatura|Botella clásica de Fanta, reproducida no seu 75 aniversario. Os ingredientes varían duns países a outros, a receita básica contén: Fanta laranxa: auga carbonatada, azucre, zume de laranxa 8% en España (de concentrado), aromas, acidulante E330, conservante E211, antioxidante E300, estabilizante E412 e colorante E160a.

A diferenza das variedades europeas, en Latinoamérica non contén zume de laranxa nin polpa, coma a Fanta comercializada en Europa similar á Orangina, Mirinda, Kas ou TriNa. Fanta limón: Auga carbonatada, azucre, 6% de zume de limón, aromas, acidulante E330, conservante E211, antioxidante E300, estabilizante E414, estabilizante E445 e colorante E104.

Hai estudos que indican que o colorante E104, chamado amarelo de quinoleína, incrementa a hiperactividade dos nenos e causa dermatite.Food additives fire up children's hyperactivity: study O uso deste colorante está prohibido nos Estados Unidos, Australia, o Xapón e Noruega.CBC News In Depth: Food Safety Conter E104 é unha das causas polas que non existe Fanta Limón en numerosos países.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Empresas de alimentación