A Medalla de Honra (en ) é a máxima condecoración entregada nas Forzas Armadas dos Estados Unidos. É coloquialmente coñecida, aínda que de xeito errado, como a Medalla de Honra do Congreso (Congressional Medal of Honor) xa que é entregada polo Presidente quen a presenta "en nome do Congreso dos Estados Unidos"."Boatner, Military Customs and Traditions. and Johnson, The Oxford Companion to American History.The Congressional Medal of Honor Society is so named because that is the name it was given in an act of Congress signed into law by President Eisenhower o 5 de agosto de 1958 as Title 36, Chapter 33 of the U.S. Code. (véxase .) The law authorizing the society has since been transferred to Title 36, Chapter 405 of the U.S. Code. O criterio para a súa entrega é "valentía e intrepidez con risco da propia vida, alén da chamada do deber, estando en combate contra un inimigo dos Estados Unidos".

Todos os membros das Forzas Armadas poden ser condecorados coa Medalla, e cada unha das súas pólas conta cun deseño propio, agás o Corpo de Marines e os Gardacostas, que reciben a mesma versión que a Armada. A Medalla adoita ser entregada persoalmente polo Presidente dos Estados Unidos de América ó condecorado ou, no caso de que se outorgue a título póstumo, a unha persoa que a recolle no seu nome. Xa que é unha medalla de alto nivel, recibe protección especial das leis estadounidenses.

A Medalla de Honra é unha das dúas condecoracións de colar outorgadas polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, e é a única que se entrega ós membros das mesmas. O grao de Comandante da Lexión do Mérito autorízase para dignatarios non estadounidenses, usualmente equivalentes a xefes militares do gabinete dos Estados Unidos. O persoal do exército pode ser condecorado co grao de Lexionario da Lexión do Mérito, que é unha medalla tradicional suspendida.

miniatura|Anverso do dólar de prata conmemorativo da Medalla de Honra (2011).

En 2011, a Casa da Moeda dos Estados Unidos emitiu, co gallo do 150 aniversario desta condecoración, o coñecido como dólar de prata conmemorativo da Medalla de Honra."Medal of Honor Commemorative $1 Silver Coin". United States Mint."1 Dollar Medal of Honor". Numista.com

Notas

Categoría:Medallas Categoría:Forzas armadas dos Estados Unidos de América