Alma Gallega foi unha publicación editada na Habana entre 1939 e 1940.
Historia e características Subtitulada Periódico mensual. Defensora del prestigio y de los derechos de los españoles residentes en Cuba, apareceu o 1 de decembro de 1939. O director técnico era Luis Reynante Losada, o director político Radio Cremata e o xefe de redacción Benito Penabad. Entre os seus colaboradores figuraron Eduardo Pérez Marzoa, Juan Pacheco Pérez e Elena Castro de Álvarez. Órgano informativo da Unión Progresista Gallega, pro Centro Gallego. Ofrecía información sobre as sociedades galegas en Cuba. Con marcada inclinación cara a causa republicana, atacou os dirixentes do Centro Galego polas súas posicións reaccionarias. Dedicoulle espazo aos temas literarios e publicou poemas, algúns en galego. Tivo curta duración.Repertorio da prensa galega da emigración Consello da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Alma Gallega (A Habana, 1910) Alma Gallega (A Habana, 1917) Ligazóns externas Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana