Tereixa Constenla Fontenla, nada en Arca (A Estrada) en 1968, é unha xornalista galega.

Traxectoria Comezou a súa traxectoria profesional en 1990 no diario granadino Ideal, na delegación de Almería. Despois pasou a El País, primeiro na sección social da delegación de Andalucía e desde 2008 na sección de Cultura a nivel estatal e redactora de Babelia; correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021. miniatura|Con Ramón Rozas nunha palestra sobre a Revolución dos caraveis organizada polo Ateneo de Pontevedra, 23 de abril de 2026

Obra

Castelán

Cuaderno de urgencias (2021). Siruela Nuevos Tiempos. 212 páxs. ISBN 978-84-18859-14-4 . Un libro autobiográfico escrito tras o falecemento da súa parellaÁlex Bolaños.

Galego

Abril é un país. Os heroísmos descoñecidos da revolución dos caraveis (2024). Kalandraka, Ágora K. 360 páxs. ISBN 978-8419213525.

Recoñecementos Premio Meridiana do Instituto Andaluz de la Mujer (IAM) Premio "José de Juan" de periodismo 2013 convocado pola Deputación de Guadalajara polo artigo "La biblioteca que resiste" (El País, 14 de outubro de 2012)"Tereixa Constenla, premio de Periodismo 2013 de la Diputación" , Castilla-La Mancha 24 horas, 2 de decembro de 2013 . XXXI Premio Unicaja de Artigos Xornalísticos polo artigo “Leer era cosa de hombres” (El País, 10 de marzo de 2013)"Tereixa Constenla, de la AP-APAL, gana el XXXI Premio Unicaja de Artículos Periodísticos", Guillermo Busutil, páxina web do Colegio de Periodistas de Andalucía en Almería, 9 de outubro de 2014 . Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de ensaio por Abril é un país. Os heroísmos descoñecidos da revolución dos caraveis.

Vida persoal Casou en 2018 co tamén xornalista Alejandro Bolaños, do que enviuvou a mediados dese ano. Padeceu un cancro de mama.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega