O Calvario é un barrio urbano de Vigo, situado en terreos da parroquia histórica de Lavadores, no concello de Vigo, na comarca de Vigo. Historia

Antes de se urbanizar o lugar, O Calvario pertencía ao lugar de Riomao, na parroquia de Lavadores. Marcaba o límite entre Vigo e Lavadores. Ten a súa orixe e desenvolvemento no século XIX na antiga estrada de Villacastín, hoxe rúa de Urzaiz. Foi desenvolvido na década de 1960-70 por iniciativa privada para ofrecer vivendas á poboación que chegaba a Vigo para traballar na industria .

Nunca gozou de independencia a nivel de división administrativa, xa que non se inclúe no Nomenclátor de Galicia. En 2003 foi peonalizado un tramo da rúa Urzaiz .

Poboación O Nomenclátor Estatístico de Galicia do IGE adscríbeo dentro da cidade de Vigo. Estímase que viven nel unhas 20.000 persoas.

División eclesiástica Eclesiasticamente, adscríbese á parroquia da Inmaculada Concepción de María, tamén coñecido como Os Picos, e á de San Paulo.

Toponimia Debe o seu nome a un calvario que houbo ata comezos do século XX. O nome do Monte do Calvario en Lavadores rexístrase dende o século XII, segundo documentos da Catedral de Tui e mais do mosteiro de Melón. miniatura|Mercado do Calvario.

Economía En 2017 era un dos 15 barrios con menor renda media de España segundo un estudo do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Notas

Véxase tamén

Barrios da cidade de Vigo

Ligazóns externas Historia do Calvario González Fernández, Juan Miguel, O nacemento dun barrio, 1900-1940.

Categoría:Xeografía de Vigo