Francisca Sarasate Navascués, nada na Coruña o 29 de novembro de 1853 e finada en Pamplona o 1 de maio de 1922, foi unha escritora navarra de orixe galega. Asinou algúns dos seus libros como Francisca Sarasate de Mena debido ao apelido do seu home.Gran Enciclopedia de Navarra 1990.

Traxectoria Filla do músico militar Miguel Sarasate Juanenay e de Francisca Javiera Navascués Oacharena. Foi irmá do violinista Pablo Sarasate, e tivo outras dúas irmás, Micaela e María. Casou co catedrático e escritor Juan Cancio Mena, finado en abril de 1916.

A súa primeira novela foi unha colaboración na publicación madrileña La Ilustración Española y Americana en 1879. En 1882 foi 5º premio -consistente nunha pluma de ouro- no certame organizado polo concello de Alba de Tormes con motivo do III Centenario da morte de Tareixa de Ávila. Pronunciou varias conferencias no Ateneo de Zaragoza, e foi directora de La Gaceta de París. Algunhas das súas poesías foron musicadas polo seu irmán.

Obra Un libro para las pollas (novela, 1876; Madrid: Imprenta de Aribau y Cía.) Horizontes poéticos (poesía, 1881) Amor divino (1882) Fulvia, o los primeros cristianos (novela curta, 1889) Una velada poética en el Ateneo de Zaragoza (1890) Romancero aragonés (poesía, 1894; Zaragoza: Tipografía del Hospicio) Cuentos vascongados (contos, 1896; Barcelona: A. López Robert) Poesías religiosas (poesía, 1900; Madrid: Imprenta de San Francisco de Sales) Pensamienos místicos (poesía, 1910; Barcelona: Lluis Gili)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ellas, las mujeres en la historia de Pamplona (1998). Concejalía de la Mujer = Emakumearen Zinegotzigoa, ISBN 84-89590-40-0. , Juan P (1889). Literatas españolas del siglo XIX. Apuntes bibliográficos. Madrid; Imprenta de Antonio Pérez Dubrull. , Carmen (1991). Escritoras españolas del siglo XIX. Manual biobibliográfico. Madrid; Castalia.

Ligazóns externas Francisca Sarasate de Mena en www.escritoras.com .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público