Pedro Penabad Rodríguez, nado en Viveiro cara a 1907 e executado en Sevilla o 15 de xullo de 1937, foi un avogado galego, colaborador de Agapito García Atadell.
Traxectoria miniatura|300px|Os deputados socialistas Lamoneda, Anastasio de Gracia e Bugeda, co director das Milicias de Investigación, Agapito García Atadell, e un grupo de milicianos dos que traballaban ás súas ordes, entre eles Pedro Penabad. Foi fillo de Eugenio Penabad e Filomena Rodríguez. Emigrado en Cuba, retornou a España en 1934 instalándose en Madrid.El Avisador Numantino, 3-7-1937, p. 4. En Madrid foi presidente de Prensa Hispana Unida e director do seu órgano Suplemento.O Estoril, 8-9-1935, p. 1. En 1936, tralo inicio da guerra civil española, foi chamado polo deputado Ramón Suárez Picallo, Xoán Xosé Plá e o xeneral Cecilio Bedia Caballería, para que confeccionase un regulamento para as Milicias Galegas. Foi un dos xefes das Milicias Populares Galegas. Foi nomeado axente de vixilancia en agosto de 1936La Libertad, 15-8-1936, p. 4. e destinado á Brigada de investigación criminal, ás ordes do comisario xeneral Antonio Lino Pérez-González. Converteuse en colaborador principal de Agapito García Atadell que dirixía unha das Milicias Populares de Investigación criminal.
En outubro de 1936, canda García Atadell e as súas respectivas parellas, tentaron escapar clandestinamente de España polo porto de Alacant. Nesa cidade embarcaron para Marsella no buque arxentino 25 de mayo. Dende Marsella marcharon a Saint-Nazaire, onde embarcaron cara a Cuba no transatlántico francés Mexique o 19 de novembro. Pero o buque aportou dúas veces en territorio controlado polo exército golpista: primeiro na Coruña e logo en Santa Cruz de la Palma, onde finalmente foron detidos Penabad e García Atadell. Foron trasladados primeiro a Santa Cruz de Tenerife e logo a Sevilla, onde lles fixeron un consello de guerra e os condenaron a pena de morte, sendo executados no garrote vil polo verdugo Cándido Cartón."Ante el consejo de guerra, en juicio sumarísimo, se vio ayer el proceso seguido…" ABC, 1/7/1937 .
Obras El estatuto gallego o Los imbéciles inteligentes;(folleto-mitin), 1936.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Agapito García Atadell Milicias Populares Galegas
Ligazóns externas "Desmemoria de Atadell, Paracuellos y Amor Nuño" 2008.
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas de Viveiro Categoría:Executados no garrote vil Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Represaliados polo franquismo