STS-111 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de xuño de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-111, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Cockrell, o piloto Paul Lockhart e os especialistas de misión Franklin Chang-Díaz e Philippe Perrin. Chang-Diaz igualou neste voo o récord de viaxar ao espazo sete veces, conseguido en primeiro lugar por Jerry L. Ross na misión STS-110.
O transbordador acoplouse á estación ás 16:25 UTC do 7 de xuño e deixou aos astronautas da Expedición 5 na estación e trouxo de volta a terra á Expedición 4. Levou tamén subministracións no módulo Leonardo, que foi acoplado ao módulo Unity o 8 de xuño, e experimentos cara a estación, así como o MBS (Mobile Base System), o sistema que permite moverse ao brazo robótico Canadarm2 desprazarse ao longo da estación. Durante a misión a tripulación reparou un xiroscopio avariado e instalou proteccións antimeteoritos no módulo Zvezda.
O transbordador volveu a terra na Base Edwards da Forza Aérea en California, o 19 de xuño de 2002.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS