Un receptor ligado a encima, tamén chamado receptor catalítico, é un receptor transmembrana, no cal a unión dun ligando extracelular causa unha actividade encimática no lado intracelular. Trátase dunha proteína integral de membrana que posúe tanto funcións catalíticas encimáticas coma de receptor.

Sempre teñen dous importantes dominios, un dominio de unión a ligandos extracelular e un dominio intracelular con función catalítica; e unha hélice transmembrana. A molécula sinalizadora únese ao receptor na parte externa da célula e causa un cambio conformacional que afecta á función catalítica do receptor localizada no lado interno da célula.

Exemplos de actividade encimática deste tipo de receptores son: Receptor tirosina quinase, como no receptor do factor de crecemento de fibroblastos. A maioría dos receptores ligados a encima son deste tipo. Proteína quinase específica de serina/treonina, como na proteína morfoxenética ósea Guanilato ciclase, como no receptor do factor natriurético atrial

Tipos

Velaquí unha lista das cinco familias maiores de receptores catalíticos:

Familia Membro Xene Actividade catalítica Ligandos endóxenos Ligandos sintéticos Erb ErbB1 Receptor do factor de crecemento epidérmico Tirosina quinase factor de crecemento epidérmico, anfirregulina, betacelulina, epixen, epirregulina, HB-EGF, TGFa GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478 ErbB2 " ErbB3 " NRG-1, NRG-2 GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478 ErbB4 " Betacelulina, epirregulina, HB-EGF, NRG-1, NRG-2, NRG-3, NRG-4 GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478 GDNF (factor neurotrófico derivado de célula glial) GFRa1 " GDNF > neurturina > artemina GFRa2 " Neurturina > GDNF GFRa3 " Artemina GFRa4 " Persefina NPR (receptor do péptido natriurético) NPR1 Guanilil ciclase Péptido natriurético atrial NPR2 " Péptido natriurético de tipoC NPR3 " Péptido natriurético atrial NPR4 " Uroguanilina Receptor da neurotrofina trk TrkA Tirosina quinase Factor de crecemento dos nervios > NT-3 GW441756, tyrphostin AG879 TrkB " Factor neurotrófico derivado do cerebro, NT-4/NT-5 > NT-3 TrkC " NT-3 p75 " NGF, BDNF, NT3, NT4/5 Receptor de tipo Toll TLR1 " TLR2 " Peptidoglicano TLR3 " PoliIC, poliinosina-policitosina TLR4 " LPS, lipopolisacárido derivado de bacterias gramnegativas TLR5 " Flaxelina TLR6 " TLR7 " resiquimod, imiquimod TLR8 " TLR9 " CpG, ADN enriquecido en pares citosina:guanosina TLR10 "

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Diagrama en scq.ubc.ca

Categoría:Proteínas de membrana Categoría:Receptores